Vigo rexistra un total de 2.137 casos activos por coronavirus

Publicado por o día 18/11/2020 na sección de Coronavirus,Galicia,Sanidad,Vigo,Xunta de Galicia

Vigo rexistra un total de 2.137 casos activos por coronavirus

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 9.051 deles 1.876 son da área da Coruña, 1.100 da de Lugo, 749 da de Ourense, 1.254 da de Pontevedra, 2.317 da área de Vigo, 1.006 da de Santiago, e 749 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 102 están en UCI, 476 en unidades de hospitalización e 8.473 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 36.586 persoas curadas, rexistrándose 1.092 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 819.277.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Comentar noticia

Your email address will not be published.