Vigo rexistra unha ocupación hoteleira do 55% no mes de agosto

O dato foi comunicado este venres polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, quen valorou unha cifra que, sendo lóxicamente inferior á de anos anteriores, non supón unha caída tan pronunciada como a experimentada noutras localidades. “Dados os tempos que corren, non é unha mala ocupación”, asegurou.
Publicado por o día 04/09/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Turismo,Vigo

Vigo rexistra unha ocupación hoteleira do 55% no mes de agosto

Os hoteis de tres, catro e cinco estrelas da cidade de Vigo rexistraron unha ocupación media durante o mes de agosto do 54,77%, segundo trasladou este venres Abel Caballero en rolda de prensa.

O alcalde afirmou que, “dados os tempos que corren, non é unha mala ocupación”, tendo en conta ademais os datos doutros emprazamentos como Madrid (ao 20%), Barcelona (ao 10%), o 56% de Huelva ou o Valencia, que sitúase entre o 50 e o 65%. “É valorable”, apuntou Caballero sobre a ocupación viguesa, e engadiu que “houbo hoteis en Vigo que superaron o 80% de ocupación e iso é unha boa nova para a economía”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.