Vigo saiu á rúa en solidariedade con Bolivia e a democracia

Publicado por o día 22/11/2019 na sección de Galicia,Protestas,Vigo

Vigo saiu á rúa en solidariedade con Bolivia e a democracia
Vigo saiu a rúa no día de onte ás 20:30 horas en apoio ao pobo boliviano. Os manifestantes insistiron en que o acontecido en Bolivia responde á definición de golpe de Estado, xa que o presidente lexítimo, Evo Morales, foi forzado polas forzas armadas a deixar o poder. Ao tempo, vulneráronse as normas legais para a sucesión, todo no medio dunha espiral de violencia e represión armada de calquera tipo de protesta.
 
Lembran que Bolivia é o único país da América Latina cunha maioría de poboación indíxena. As elites sociais e económicas, así como a cúpula militar antiesquerdista, sempre se resistiron a ser gobernadas por un campesiño indíxena de orixes humildes. Nos catorce anos de goberno de Morales, Bolivia conseguiu estabilidade, os seus mellores índices de crecemento, escolarización e acceso a servizos públicos e saúde, que nunca foron ben vistos polas devanditas elites.

Lugares onde houbo concentracións de apoio onte

— A Coruña: Obelisco
— Ferrol: palco da música (Cantón)
— Santiago de Compostela: praza de Cervantes
— Lugo: diante do Concello
— Ourense: praza Maior
— Pontevedra: Subdelegación do Goberno
— Vigo: praza da Princesa
— Vilagarcía de Arousa: praza de Galicia

Video de Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.