Vigo saíu á rúa para condenar o asasinato de Soledad polo seu marido

Publicado por o día 05/12/2020 na sección de Colectivos Feministas,Galicia,Protestas,Vigo

Vigo saíu á rúa para condenar o asasinato de Soledad polo seu marido

As escaleiras do museo de arte contemporánea MARCO de Vigo vai sendo habitual que sexa o escenario de condenas de asasinatos machistas, este venres volveuno a ser, a concentración organizada polo Feminismo Unitario de Vigo arrinco a pasadas as 20:30 h.

Soledad é a última vítima da violencia machista e onte foi lembrada, que se suma aos numerosos actos que se desenvolveron na súa memoria e para condenar a violencia contra as mulleres. Veciña de Mañufe en Gondomar, o seu marido asasinouna de varias puñaladas o mércores.

A concentración desenvolveuse con medidas de seguridade covid, distancia e máscaras, segundo figuraba na convocatoria. Feminismo Unitario Vigo, que lembrou que en 2020 xa van 81 mulleres asasinadas. O mesmo colectivo, que integra a varias asociacións, foi o que organizou a manifestación do 25- N contra a violencia machista.

Comentar noticia

Your email address will not be published.