Vigo será a capital do universo friki dende este xoves ó sábado

I Gonzalo Alonso será o encargado de dar o pistoletazo de saída a tres días de frikismo galego
Publicado por o día 20/12/2017 na sección de Cultura,Eventos,Galicia,Vigo

Vigo será a capital do universo friki dende este xoves ó sábado

I Ás 21.30 terá lugar a inauguración na sala Videodrome no Urban Market Progreso 41 no que haberá unha musicalización en directo, unha sesión de curtas e petiscos.

20.12.2017 Este xoves ás 19.00, diante do MARCO, Gonzalo Alonso dará comezo ó Galician Freaky Film Festival coa creación dun mural en vivo que servirá como photocall o resto das xornadas.

A INAUGURACIÓN

Despois, ás 21.30, terá lugar a inauguración na sala Videodrome ubicada en Progreso 41.  Para a ocasión, haberá unha musicalización en directo do cine de Segundo de Chomón da man de Macarena Montesinos co violoncello e Paulo Pascual co theremin o

que seguirán uns petiscos e unha sesión de curtas.

As curtas que se proxectarán serán o videoclip de 1987 de Os Resentidos, Alicia en Galicia caníbal, feita por Xavier Villaverde e O váter susurra, unha curta do ano 2000 dirixida por Rafael Calvo no que se poderá ver a un novísimo Luis Tosar moi ben acompañado de grandes actores coma Luis Zahera e Guadalupe Calvo.

A esta primeira xornada seguiranlle dous días máis repletos de actos paralelos e sesións de cine que servirán para darlle visibilidade o audiovisual galego e para reivindicar o mundo friki da nosa terra que comezou nos anos 80 e 90.

PREZOS POPULARES

O Galician Freaky Film Festival pretende que esta edición cero e as vindeiras teñan prezos populares para que o certame sexa accesible a todos. Por iso as actividades ó aire libre son de balde e cada sesión de cine terá un custo de 2,5 euros. En canto a inauguración, o prezo será de 4 euros.

O certame tamén pon dous clases de bonos á venda. O primero é o Bono Megafreaky, no que, por un prezo de 20 euros se poderá asisistir a tódalas actividades do festival. O segundo é o Bono Freakyfilm, que ten un custo de 10 euros e permite a entrada  a tódalas sesións de cine.