Vigo súmase á campaña internacional “Quere o teu mercado”

O alcalde, Abel Caballero, participou este martes na presentación desta iniciativa, que na cidade terá lugar nos sete mercados municipais ata o 19 de xuño. Showcooking, obradoiros e visitas escolares, actuacións musicais e degustacións, entre as propostas desta edición.
Publicado por o día 22/05/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Vigo súmase á campaña internacional “Quere o teu mercado”

O alcalde, Abel Caballero, participou este martes na presentación desta iniciativa, que na cidade terá lugar nos sete mercados municipais ata o 19 de xuño. Showcooking, obradoiros e visitas escolares, actuacións musicais e degustacións, entre as propostas desta edición. 

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, tomou parte este martes na presentación da campaña internacional “Love your local market”, “Quere o teu mercado”, xunto ao concelleiro de Comercio, Ángel Rivas, e aos xerentes do recinto comercial das Travesas, Delmiro Hermida, do de Teis, Roberto Giráldez, do mercado do Progreso, Natalia Galán, e do Calvario, Miguel Misa.

Esta campaña busca o apoio e dinamización dos mercados tradicionais e cada ano se realizan actividades de promoción, para poñer en valor a súa función vertebradora do comercio de alimentación nas cidades. Vigo súmase nos sete mercados municipais con accións que se prolongarán ata o 19 de xuño. Entre as propostas, showcookings, visitas de escolares, actuacións musicais, degustacións e catas de viño, obradoiros infantís, performances e un flashmob, entre outras.