Vigo súmase aos actos organizados con motivo do Día Internacional da Muller

Un pleno monográfico do Consello da Muller, un paro entre as 12,00 e as 12,30 h e un acto sobre igualdade no deporte son algunhas das iniciativas coas que o Concello se sumou hoxe á celebración do Día Internacional da Muller.
Publicado por o día 08/03/2017 na sección de Concello de Vigo,Vigo

Vigo súmase aos actos organizados con motivo do Día Internacional da Muller

O Salón de Plenos acolleu esta mañá unha sesión na que membros do Consello da Muller leron textos de diferentes escritoras baixo a presidencia da concelleira de Igualdade, Uxía Blanco. Máis tarde, ás 12,00 h o Concello de Vigo sumouse ao “paro internacional das mulleres” convocado en mais de cincuenta países e que ten como lema “a solidariedade é a nosa arma”.

Xa pola tarde, o rexedor participou no Auditorio Mar de Vigo nun acto que levaba por lema “A igualdade dá xogo” en conmemoración do día Internacional da Muller. Coa presencia dun millar de mulleres deportistas, trátase, dixo o rexedor, de poñer en valor a igualdade no deporte e desde o deporte.