Vigo súmase do 16 ao 22 de setembro á Semana da Mobilidade

Vigo súmase do 16 ao 22 de setembro á Semana da Mobilidade que promove a Comisión Europea co obxectivo de “divulgar unha mobilidade máis sa e sustentable nas cidades”, segundo explicou esta mañá Abel Caballero.
Publicado por o día 14/09/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Vigo súmase do 16 ao 22 de setembro á Semana da Mobilidade

Entre as actividades que inclúe esta iniciativa destaca o “Día sen coche”, que se celebrará o sábado 22 de setembro. Para fomentalo, as liñas C1 e o bus turístico (baixo reserva telefónica) serán gratuítos.

Ademais, o Concello, en colaboracion coa asociación A Golpe de Pedal, organiza diversas actividades. O mércores 19 haberá na Porta do Sol unha proba de vehículos eléctricos, bicicletas e coches, que se poñerán a disposición dos cidadáns. Será de 16.00 a 20.00 horas.

O xoves 20 terá lugar “Ao cole en bicicleta”, un curso de mobilidade en bicicleta pola cidade cos alumnos do colexio Maristas.

O venres 21 tratarase de que os cidadáns se poñan na pel das persoas que utilizan cadeira de rodas e as súas dificultades de mobilidade. Para iso, facilitaranse cadeiras de rodas aos participantes para que poidan experimentar as dificultades de mobilidade das persoas con discapacidade. A cita, de 16.00 a 20.00 horas na Porta do sol.

Por último, os taxistas e a revista “Yo taxi” organizan unha exposicion de vehiculos eficientes en Porta do Sol os días 20 e 21.

Una respuesta para "Vigo súmase do 16 ao 22 de setembro á Semana da Mobilidade"