Vigo ten unha cita importante o 12 de Maio

Por o 24/03/2016 | Sección: Salud,Vigo
Vigo ten unha cita importante o 12 de Maio

ilcanallarubens_3S_2015_SanidadePublica_Vigo

Unha nova convocatoria para tomar as rúas de Vigo na defensa do único hospital público da cidade, o Hospital do Mexoeiro e para rescatar o Hospital Álvaro Cunqueiro das mans da concesionaria que fai caso omiso do mal estar da cidadanía, preténdese que esta nova mobilización sexa como a do 3 de setembro do ano pasado.

A xunta de persoal do Chuvi e SOS Meixoeiro convocaron esta nova manifestación para “recuperar os hospitais Meixoeiro e Álvaro Cunqueiro”.

A mobilización terá lugar o próximo 12 de maio, ás oito da tarde, con inicio en Praza dos Cabalos (Praza de España) e co final na Porta do Sol. Esta é a nova data elixida para que os vigueses e bisbarra maniféstense de novo na defensa da sanidade pública. A convocatoria chega da man da xunta de persoal do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) e da plataforma SOS Meixoeiro mais SOS Sanidade Pública. Representates dos colectivos ofreceron este pasado mércores unha rolda de prensa na que fixeron un chamamento para que os cidadáns respondan de novo ante a situación actual nos hospitais Meixoeiro e Álvaro Cunqueiro.

Durante o acto, os convocantes avanzaron que repartirán 5.000 carteis, miles de panfletos e prepararán un acto durante o mes de abril no Cunqueiro xunto a alcaldes da área metropolitana. O lema será “Rescate do Cunqueiro e O Meixoeiro para a Sanidade Pública”.

Espérase que nesta ocasión teña a mesma resposta que o 3S dos vigueses e viguesas como a bisbarra que tamén son os principais afectados do desmantelamento da sanidade da cidade.

Rubens Rocha 

ilcanallarubens_CARTAZ OFICIAL MOVILIZACION 21 DE MAIO_2016_Vigo