Vigo terá en dez meses un mallado de rede de abastecemento de auga para evitar fallos de subministro

Publicado por o día 17/10/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Vigo terá en dez meses un mallado de rede de abastecemento de auga para evitar fallos de subministro

O alcalde informou de que a concesionaria Aqualia levará a cabo nos vindeiros 10 meses a posta en marcha dun sistema que permitirá que non sexa necesario cortar o abastecemento de auga en caso de avarías. O custe será de 1 millón de euros e levarase a cabo a través do Plan de Investimentos de Aqualia.

A Xunta de Goberno Local de Vigo dará conta este xoves do proxecto técnico para as obras do mallado da rede de abastecemento do Concello. Abel Caballero sinalou durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación que a actuación permitirá evitar cortes na subministración de auga.

“Estamos a suplir erros que teñen case 100 anos, ningún os resolveu ata agora”, sinalou o alcalde en rolda de prensa. Así, a actuación no mallado da rede permitirá pasar a un sistema de rede articulada, na que os ramais da rede únense entre se e a auga pode chegar a un punto determinado por más de un circuíto, evitando deixar sen servizo aos cidadáns en caso de avarías.

O obra terá un custe de 1 millón de euros e formará parte do Plan de Investimentos de Aqualia, a través do cal o Concello pretende dar unha solución ao trazado ramificado que parte da condución principal da que se derivan conducións secundarias e a que, a súa vez, parten outras de menor diámetro.

Teleasistencia

Na mesma sesión da Xunta de Goberno Local, o goberno vigués dará conta as autorizacións do servizo de teleasistencia domiciliaria. Segundo recordou o alcalde, o Concello reserva máis de 93.000 euros para un contrato dun ano no que se ofrece apoio domiciliario ás persoas maiores, as 24 horas do día e os 365 días do ano.

Caballero ofreceu algúns datos sobre este servizo municipal, do que actualmente se benefician 550 persoas, das que 448 son maiores de 80 anos e 501, mulleres. Así, o perfil medio do usuario é unha muller de máis de 80 anos que vive soa no seu domicilio. “Coa teleasistencia estamos a facer unha atención social de primeira magnitude en importancia porque é a tranquilidade de estar atendidas 550 persoas, a maior parte mulleres maiores de 80 anos”, sinalou o alcalde.