Vigo terá voos con Valencia, Sevilla, Londres e París ao presentarse Air Nostrum ao concurso do Concello

Este mércores, 30 de maio, pechouse o prazo de presentación de ofertas ao concurso municipal coa única participación da aeroliña Air Nostrum, o que garante -salvo incumprimento das condicións- rutas aos catro destinos desde este mesmo verán. O obxectivo, “ampliar a operatividade” en Peinador, asegurou Caballero.
Publicado por o día 31/05/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Vigo terá voos con Valencia, Sevilla, Londres e París ao presentarse Air Nostrum ao concurso do Concello

O alcalde de Vigo informou este xoves da oferta recibida pola aeroliña Air Nostrum ao concurso de promoción turística municipal, que o 30 de maio pechou o prazo de recepción de candidaturas.

A falta de coñecer o contido da mesma, a presentación dunha oferta por parte da compañía española garante que Peinador terá desde este verán voos a Valencia, Sevilla, Londres e París.

Recordou Caballero que o Concello esixe na licitación que a ruta a Valencia se opere ata decembro de forma anual durante os anos 2019 e 2020, a conexión con Sevilla sexa como mínimo durante cinco meses nos dous próximos anos, o voo a Londres funcionará este verán (e a partir de entón “barallamos outras opcións”, avanzou o rexedor) e o destino París, este verán e un mínimo de sete meses dos anos 2019 e 2020.

O obxectivo do Concello con este concurso, expuxo o alcalde, é “ampliar a operatividade” das rutas, “cada vez darlle máis operatividade, más semanas ao ano” nestes destinos. “Temos un proxecto de potenciación do aeroporto de Vigo que está funcionando extraordinariamente ben e que mantemos puntualmente, e ninguén nos vai desviar de aí”, aseverou Caballero: “xa non hai que pare ao aeroporto de Vigo”.