Vigo ultima a súa cita coas feiras do libro de Galicia que recalará na rúa do Príncipe do 27 de xuño ao 6 de xullo

O delegado territorial da Xunta, Ignacio López-Chaves, participou hoxe na presentación en rolda de prensa da que é a corenta e cinco edición desta cita cultural
Publicado por o día 21/06/2019 na sección de Eventos,Galicia,Vigo

Vigo ultima a súa cita coas feiras do libro de Galicia que recalará na rúa do Príncipe do 27 de xuño ao 6 de xullo

O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, participou hoxe na rolda de prensa de presentación da Feira do Libro de Vigo que recalará na rúa do Príncipe do 27 de xuño ao 6 de xullo próximos. Trátase dunha cita anual que se inclúe no calendario das Feiras do Libro de Galicia 2019 e que é xa unha referencia para autores e lectores, tanto pola súa duración, oito días, como pola cantidade de actividades que se organizan ao seu redor.

O representante autonómico, aproveitou a ocasión para destacar a intensa colaboración entre a Federación de Librarías de Galicia, a Asociación Galega de Editoras e o Goberno autonómico, a prol de potenciar estes eventos, conscientes da súa importancia para achegar á cidadanía as novidades editoriais. Asemade, acentuou o acerto do lema elixido, “Máis que palabras”, sendo “a lectura, o libro e a palabra” a esencia destas citas culturais.

Vigo é a décima parada do calendario de Feiras do Libro de Galicia 2019, que despois irán a Ponteareas, do 11 ao 14 de xullo; e a localidade de Rianxo, entre o 25 e o 28 de xullo. Pecharase a edición do 2019, xa no mes de agosto, na Coruña, desde o 1 ata o día 11; en Viveiro, do día 14 ao 18; en Foz, entre o 22 e o 25; e, finalmente, en Monforte de Lemos, do día 28 ao 31.

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.