O alcalde de Vigo, Abel Caballero, deu conta este venres de toda a programación de Nadal que organiza o Concello. Este sábado, ás 20:30 horas, procederase ao acendido do alumeado cun acto na Porta do Sol. Ademais, desde o mediodía reabre ao tráfico a Gran Vía e paran as obras con motivo do Nadal.
“O Nadal en España empeza este sábado, cando Vigo acende as súas luces, somos a referencia e temos as mellores festas de Nadal de España”. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este venres de que xa está todo preparado para que mañá (20:30 horas) levarase a cabo en Porta do Sol o acto oficial do acendido do alumeado de Nadal.
O rexedor ofreceu unha rolda de prensa na que deu conta de toda a programación que o Concello de Vigo preparou paras as festas do Nadal de Vigo. Caballero precisou que a árbore de Porta do Sol volverá crecer, esta vez ata os 35 metros e desvelou que as catro cancións que soarán durante o seu espectáculo de luz e música -cada media hora entre as 18.30 e as 22.00 horas- serán ‘Happy Christmas’ de John Lennon, un tema de ‘Frozen 2’ e as bandas sonoras de ‘Piratas do Caribe’ e ‘O último mohicano’.
Pola súa banda, a bóla de Urzaiz elevarase ata os 12 metros de altura, o boneco de neve a 10 metros e a caixa de agasallo a 15 metros. Todo aquel que o desexe poderá entrar neles para admirar o seu espectáculo lumínico desde o interior ou facer fotos. Dous referentes para sacar instantáneas serán os dous photocall inaugurados este venres en Urzáiz 4 e na Pedra.
Así mesmo, Caballero precisou que a nova nora xigante abrirase o domingo ás 18.30 horas, que haberá un pequeno parque de atraccións xunto a ela, que se manterá o carrusel en Porta do Sol e que as zonas de xeo que haberá no Náutico e en Samil –aquí tamén haberá unha pista de karts- permanecerán dispoñibles ata o 26 de xaneiro.
Igualmente, manteranse actividades xa habituais como o café solidario ou o “flashmob” en Porta do Sol, a papanoelada moteira ou diversas actuacións musicais tradicionais, entre elas una da Coral Casablanca na árbore xigante.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.