Vigo xa pode sacar a poxa pública oito solares abandonados do Casco Vello

Abel Caballero informou este mércores de que o Concello de Vigo xa pode sacar a poxa pública os oito solares do Casco Vello abandonados e incluídos no primeiro programa municipal de edificación forzosa. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o procedemento da Xerencia de Urbanismo para dar solución ás oito parcelas do barrio histórico.
Publicado por o día 09/12/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Vigo xa pode sacar a poxa pública oito solares abandonados do Casco Vello

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este mércores o anuncio de notificación do 12 de novembro de 2020 da Xerencia Municipal de Urbanismo para o inicio do procedemento de declaración de incumprimento do deber de edificar no primeiro programa de edificación forzosa.

Segundo explicou en rolda de prensa o alcalde de Vigo, Abel Caballero, desta forma complétase todo o procedemento administrativos e o Concello xa pode sacar a poxa pública oito solares do Casco Vello no prazo dun ano. As oito parcelas están situadas na Rúa Alta (número 8, 10, 12 e 14), na rúa Ferraría (1, 43 e 49) e na rúa Abeleira Menéndez (número 14).

O programa de edificación forzosa foi aprobado o pasado 30 de maio de 2019 e no seu primeiro lote abarcaba un total de 24 solares abandonados ou edificacións en moi mal estado, pero ao longo do último ano e medio de tramitación conseguiuse que numerosos propietarios deran pasos para solucionar a situación.

O alcalde explicou que Concello consegue así o obxectivo de recuperar solares que se encontran baleiros co fin de completar a trama urbana nestes ámbitos e mellorar a súa imaxe.

Comentar noticia

Your email address will not be published.