O colectivo #VigoHistórico vai proceder a colocar centos de zapatos pintados de verde no Paseo Alfonso, para reivindicar unha peonalización da Porta do Sol ecolóxica, que reduza emisións. O obxectivo é chamar a atención para que se reconsidere a planificada co túnel, que é simplemente ornamental, e non contribúe a reducir o tráfico e a contaminación.
#VigoEnVerde é o lema desta intervención lúdico-artística, prevista para a tarde do venres, pero que por mor da choiva foi aprazada ó sábado. A previsión é ter colocados todos os zapatos as 17:30, para reclamar unha peonalización realmente verde, poñer en valor o Paseo de Alfonso, e defender o Camiño de Santiago Portugués pola costa, que quedaría visiblemente deslucido polas ramplas do túnel en Elduayen.
Vigo Histórico leva semanas recollendo zapatos inservibles para pintalos e poder colocalos na rúa, para crear unha imaxe rechamante, que chame a atención da cidadanía viguesa e do Concello de Vigo, ao que se solicita que procure unha alternativa de peonalización sostible da Porta do Sol, sen afectar negativamente ao patrimonio.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.