VigoHistorico sinalizará simbólicamente o Camiño de Santiago en Elduayen e Paseo Alfonso

Publicado por o día 06/11/2019 na sección de Galicia,Vigo

VigoHistorico sinalizará simbólicamente o Camiño de Santiago en Elduayen e Paseo Alfonso

O Camiño de Santiago Portugués pola costa está incrementando cada ano o número de peregrinos. No futuro pode chegar a ser un reclamo turístico de primeiro orde para Vigo, polo interese paisaxístico, ademáis de cultural, do percorrido. Por tanto, compre coidalo e potencialo. O trazado no centro de Vigo pasa polos puntos de maior interese patrimonial: Paseo de Alfonso XII, Oliveira, Rúa Elduayen, Sombrereiros, Colexiata e Praza de Compostela. Introduce aos camiñantes no Casco Vello.

Próximamente colocaranse as indicacións do Camiño Portugués en Vigo. #VigoHistórico celebra este feito xa que é moi positivo para a cidade. O que, pola contra, vai resultar considerablemente
negativo é a desvirtualización da rúa Elduayen, equivalente actual do que antes era a antiga Rua Sombrereiros trala porta de Falperra, por onde se accedía a vila. As ramplas de entrada e saída do
túnel van afectar considerablemente a circulación e imaxe dos camiñantes na súa entrada ao Casco Vello.

O colectivo VigoHistórico considera que a opción de peonalizar o tramo vai resultar moito máis atractiva, e respectuosa co patrimonio da cidade, xa que os visitantes entrarían na cidade antiga por
un bulevar peonil. Por tanto, para poñer en valor o Camiño de Santiago ao seu paso polo Paseo Alfonso e Elduayen, VigoHistórico vai proceder hoxe a colocación simbólica de frechas indicativas do Camiño. Co fin de facilitar a entrada a peregrinas e peregrinos, e para seguir reclamando que paga a pena buscar unha alternativa a peonalización da Porta do Sol máis sostible e respectuosa co
patrimonio, que non implique a construción dun túnel.

Comentar noticia

Your email address will not be published.