VigoHistórico: Sobre as alusións por parte do Concello

Publicado por o día 10/10/2019 na sección de Galicia,Social,Vigo

VigoHistórico: Sobre as alusións por parte do Concello

A diferencia do que se afirma, VigoHistorico é unha plataforma cidadá creada para dar unha alternativa en positivo ao túnel da porta do Sol. Está formado por persoas de diferentes barrios e ideoloxías.

Estamos completamente a favor da peonalización da porta do Sol. O que plantexamos é que sexa máis ampla.


Comparemos a nosa proposta coa do concello:

Elduayen.

As ramplas do túnel van estragar a rúa. Non se publican infografías de como vai a quedar. Ademáis, en moitas imaxes que se mostran da futura reforma da Porta do Sol, as ramplas non coinciden coas indicadas no proxecto.

A peonalización total convertirá Elduayen nun bulebar peonil, moito máis atractivo.

Paseo Alfonso.

O tráfico do túnel sairá hacia o balcón da ría. Desaproveitando o que podería ser un espazo engadido a Porta do Sol que dinamizaría a zona, con posibilidade de eventos nun escenario igual ou máis atractivo que a propia porta do Sol

Cidade sostible.

Todas as leis e declaracións climáticas demandan redución de emisións. O túnel non vai reducir emisións. Non lle vemos sentido a construir un túnel no que un porcentaxe elevado de vehiculos non poderá transitar en 2023.

A alternativa peonil será de emisións cero e cumplirá todas as leis contra cambio climático.

Recuperación do Casco Vello

Entendemos que o túnel so vai reforzar o tráfico de xente actual (da colexiata ata Príncipe pasando por Constitución) Deixando no esquecemento o resto do barrio (Rúa real, Ferrería…).

Unha peonalización completa uniría definitivamente o Casco Vello Alto e o Baixo nun núcleo histórico único.

Solución para o tráfico.

VigoHistorico é un movemento constructivo. Por iso enviou a principios de setembro ao Concello, aproveitando a apertura de propostas sobre a renovación da concesionaria de transporte, a súa alternativa integral de movilidade para a contorna do centro, que permitiría facer peonil todo o tramo Porta do Sol – Paseo Alfonso.

Esta proposta está basada nos seguintes pilares para a redución do tráfico: Reestructuración das liñas (sen perda de tanto tempo como se dixo por parte do concello), renovación da flota adaptada a cidade, parkings disuasorios para visitantes, novos ascensores, fomento dos vehiculos de movilidade persoal (Bici, patinete) e inclusión de conceptos como espazo compartido.

Esta alternativa, ante a falta de resposta do concello, será publicada e detallada nas próximas semanas.

VigoHistorico continurará con actos e eventos para poñer en valor os espazos de convivencia que se perderán co túnel.

2 Respuestas a "VigoHistórico: Sobre as alusións por parte do Concello"

  1. Gamela   10/10/2019 at 23:20

    Deberase publicar canto antes esa ALTERNATIVA se queremos gañar tempo (a licitación xa está en marcha!) e logo da súa resolución nada terá sentido! O Concello falará do “lucro cesante” das empresas adxucatarias e punto pelota !

    Que VigoHistórico agardara que a súa proposta tivese a “consideración” de Abel Caballero é cando menos INXENUO (en todo caso a mellor defensa tería que pasar por convencer á cidadanía de que existen ALTERNATIVAS MELLORES !!!

    Responder
  2. Gamela   10/10/2019 at 23:29

    As cousas van tan a présa (maiorías absolutas) que o meu comentario xa está caducado!

    Segundo avanzou Abel Caballero, a UTE Civis Global – Gevora Construccións foi a gañadora da adxudicación por un importe de 13,4 millóns de euros

    Semella que todo está “atado e ben atado” en AbelCity !!!

    Responder

Comentar noticia

Your email address will not be published.