#VigoNonCoopera

A #CooperaciónEsquecida do Concello de Vigo
Por o 19/05/2017 | Sección: Social,Vigo
#VigoNonCoopera

As ONGDs da cidade de Vigo integradas na Rede Social Galicia Sur, e na CONGD inician unha campaña de defensa da política de cooperación ao desenvolvemento.

SOS Racismo Galicia súmase a esta campaña e anímate a participar da mesma.

O contexto

Que está pasando cos fondos de cooperación en Vigo?

Nos dous últimos anos, o Concello de Vigo deixou sen executar os fondos destinados a proxectos de cooperación internacional no exterior. En total, 115.000 € (53.000 de 2015 e 65.000 de 2016).

En 2017 segue polo mesmo camiño. Hoxe 45.000 € seguen sen plan de gasto e todo indica que quedarán, de novo, sen executar.

A cooperación ao desenvolvemento é unha política pública fundamental para loitar contra pobreza e as desigualdades. O benestar e o desenvolvemento dos pobos están interrelacionados: os esforzos no ámbito local teñen repercusión a escala global, e viceversa. Por isto, os gobernos locais teñen unha obriga ética ineludible de contribuír á construción dun mundo máis xusto.

Sentimos que a política de cooperación local é a gran esquecida na política municipal viguesa e temos que denuncialo. Se hai vontade política, aínda estamos a tempo de enderezar o rumbo…

As nosas demandas

Que se execute o 100% do orzamento aprobado para AOD.

Que se aprobe unha convocatoria pública de subvencións para proxectos de cooperación internacional

Que se valore o traballo e a participación das ONG no Consello Municipal de Cooperación atendendo as peticións e recomendacións deste órgano consultivo.

E que, seguindo a recomendación da FEMP, se incremente significativamente o esforzo en cooperación internacional ata destinar o 0,7% do orzamento a AOD (actualmente o Concello de Vigo destina o 0,01%)

E ti, que podes facer?

A partir do 18 de maio, únete á campaña en redes sociais. Coas etiquetas #CooperaciónEsquecida e #VigoNonCoopera, lanzaremos mensaxes e materiais gráficos que dean coñecer a problemática.

Retuitea, comparte e apoia a campaña para que chegue ao maior número de persoas posible. Séguenos:

SOS Racismo Galicia, en Twitter e Facebook

Rede Social Galicia Sur en Twitter e Facebook

Máis info no blog da Rede Social Galicia Sur.

Proximamente anunciaremos as seguintes accións, e crearemos un manifesto para recoller o apoio da cidadanía viguesa a esta campaña.

Axúdanos a levantar a voz!

Únete na defensa desta política pública compartindo este artigo!

Rubens Rocha
Nado en Vigo hai 34 anos. Nacionalista Galego, Fotoxornalista, activista defensor dos dereitos humanos e ambientais. Buscando que se recoñeza e respecte os patrimonios da cidade de Vigo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.