#VikiSeQueda, segundo día de concentración, este venres diante da inmobiliaria

Publicado por o día 26/02/2015 na sección de PAH Vigo,Social

#VikiSeQueda, segundo día de concentración, este venres diante da inmobiliaria
– Viki entregou 400€ en concepto de anticipo de fianza.
– Cando foi citada para asinar o contracto atopouse que o dono do piso decide non alugalo.
Polo tanto, Viki pediu a devolución da fianza. Primeiro dixéronlle que lla tenia que dar o dono, despois aceptaron que eran eles pero que tiña que esperar que a “Xefa ” de V-Galaica volvese dunha viaxe.
Finalmente néganse a darlle os 400€ dicindo que iso lles corresponde por ser o importe de “os seus servizos”. A PAH na documentación que dispón non se cita que a Inmobiliaria cobraría parte ou a totalidade da fianza. Nin se fai mención a un tipo de tarifa por uns servizos inmobiliarios…
Viki pertence a unha familia cun marido doente, tres fillos e unha neta que viven de aluguer e necesitaban mudarse. 400€ é pois unha fortuna. Ademas agora non ten traballo polo que a necesidade é maior.
Ao oir as noticias das axudas prometidas por Rajoy ás familias e os 100 pisos ofrecidos pola SAREB atopouse cunha resposta que a deixou elada “iso son exageraciones da prensa “
Como primeiro paso abrimos varias frontes o Primeiro é convocar para que lle desexan devoltos eses 400€. Non só os Banqueiros son os usureros.
Despues imos polas Autoridades Locais e Autonómicas que á hora da verdade converten en papel mollado as promesas.
 
NOTA PRENSA PAH Vigo/Tui