Villares acusa a Feijóo de non saber converter a melloría económica en melloría social

O voceiro de En Marea sinala que a comparación de cifras directas entre antes da crise e o presente que fai o PP “é para encobrir o recorte que a Xunta segue practicando”.
Publicado por o día 22/11/2017 na sección de En Marea,Galicia,Política

Villares acusa a Feijóo de non saber converter a melloría económica en melloría social

Luís Villares preguntou a Alberto Núñez Feijóo “por que se os datos económicos son mellores para Galicia, os datos sociais son peores?”. O voceiro de En Marea dirixiuse ao presidente para preguntar por que as decisións que toma a Xunta de Galicia non están valendo para que a “melloría económica xeral teña traslado ao benestar do día a día dos galegos”. Neste sentido e por poñer un exemplo, Villares explicou que a asistencia sanitaria en Galicia “padece unha rebaixa orzamentaria” e que isto significaba que Feijóo non sabe “converter a melloría económica en melloras sociais”.

Villares explicou que “Galicia vai ter a mellor riqueza da súa historia, pero os galegos non van poder disfrutar desta mellora porque o PP non sabe distribuir esa riqueza da que presume”. Villares tamén aludiu a cifras chave da economía galega como que “hoxe en Galicia hai 2.000 millóns de euros menos que antes de se iniciase a crise”. O voceiro de En Marea sinalou que esta formación “non dará por rematada a crise mentres as melloras da economía non alcancen tamén á cidadanía”. Detallou o voceiro que estes 2.000 millóns menos en salarios cunha riqueza igual son por causa de que o emprego “é agora de peor calidade que antes da recesión, de media un 8% máis baixos e, no caso dos que son máis precarios, un 25% máis baixos que entón”. Engadiu que “mesmo a xente que ten o mesmo nível salarial que entón cobran menos porque o IPC é do 12%, polo que son un 12% máis pobres”. Outra cifra que Villares aportou ao debate é a de que “agora mesmo hai 300.000 persoas que cobran por baixo do salario mínimo interprofesional, especialmente na xente nova”.

Luís Villares explicou na sesión de control ao presidente que unha cousa “é saír da recesión e outra saír da crise porque non se pode saír dunha crise se a xente non sae dela”. Lembrou que a evolución do emprego en Galicia era a peor do estado español porque o Partido Popular “recortou os orzamentos no medio da crise e desde 2014, cando comeza a reactivase a economía, a Xunta de Galicia de Feijóo practica un recorte encuberto”. Para explicar este recorte encuberto, Villares explicou que a suba das pensións foi de “0,25% pero o IPC foi do 2%, polo tanto hai un 1,75% de recorte”. Este é o sistema que aplica o PP para os orzamentos.

O voceiro de En Marea explicoulle ao presidente que é unha falacia que se comparen as cifras entre os datos de 2008 e 2016 porque, segundo explicou Luís Villares, que esa comparación de cifras directa, sen ter en conta a inflacción supón que na sanidade galega “haxa 400 millóns de euros menos agora que antes do comezo da crise”.