Villares demanda no Día da Patria un goberno digno que traballe para esa cidadanía que non se rende ante o abandono dos seus dirixentes

Por o 25/07/2018 | Sección: En Marea,Galicia,Política
Villares demanda no Día da Patria un goberno digno que traballe para esa cidadanía que non se rende ante o abandono dos seus dirixentes

“En Marea quere celebrar este Día da Patria coa cidadanía que non se rendeu ante a incompetencia e o abandono dos seus gobernos”, sinalou o voceiro de En Marea, Luís Villares, esta mañá antes da recepción que o alcalde compostelán, Martiño Noriega, ofreceu á vicepresidenta valenciana Mónica Oltra, convidada por En Marea para participar nos actos do Día da Patria e que esta tarde acudirá á celebración do espazo do cambio ‘A Galicia de Todas’ no parque de Vista Alegre de Santiago.

Hoxe é un día para mirar cara atrás, e celebrar con toda esa xente “que non se rendeu cando foron os lumes de outubro e que saíu á rúa para defender o ben común; que tampouco se rendeu en febreiro cando o PP seguiu recortando dereitos asistenciais, e saíu á rúa para defender as áreas sanitarias; que non se rendeu na procura efectiva da igualdade entre mulleres e homes”, engadiu Villares que tamén condenou as agresións machistas que se produciron nas últimas horas: “Todos os esforzos que se fai a nivel institucional son insuficientes para paliar unha violencia patriarcal que require un compromiso da sociedade civil, pero tamén da institucional”.

“Tamén queremos celebrar este día de toda esa xente que non se rendeu á hora de defender aos maiores, uns maiores que tampouco se renderon e loitaron polos seus fillos e os seus netos emigrados que hoxe non poden estar a celebrar na súa terra porque non teñen opcións de traballo no seu país, e iso é inaceptable”, incidiu Luís Villares.

E por toda esa xente que non se rendeu, Villares demanda un “Goberno galego digno que procure igualdade, traballe para a cidadanía, que ofreza emprego a súa xente para que non teña que marchar e que se preocupe do ambiente e do territorio”. “Hoxe, Día da Patria, ten que servir para reivindicar todos estes valores e para rexeitar unha forma de facer política, a do PP, que nos leva negando o evidente para o conxunto da cidadanía”, sentenciou o portavoz de En Marea.

Comentar noticia

Your email address will not be published.