Villares proponlle a Feijóo que 67M€ dos 128M€ de emprego que deixou de executar os destine á formación en sectores que carecen de profesionais cualificados

O voceiro de En Marea lembroulle ao presidente da Xunta que sectores coma o naval, a eólica mariña ou a automoción carecen de persoal con formación específica na nosa comunidade
Por o 08/05/2019 | Sección: En Marea,Política
Villares proponlle a Feijóo que 67M€ dos 128M€ de emprego que deixou de executar os destine á formación en sectores que carecen de profesionais cualificados
Compartir en:

Tras coñecerse que a Xunta deixou sen executar 128 Millóns de euros dos fondos destinados a emprego no pasado exercicio, Luís Villares vén de propoñerlle a Feijóo na sesión de control da Cámara galega que parte dese diñeiro (67 Millóns de euros) os destine a desenvolver unha Formación Profesional para que o sector naval e a da eólica mariña na ría de Ferrol e o da automoción especializada en híbridos e novos modelos na área metropolitana de Vigo conte con profesionais cualificados. “Están demandando novas formacións que o seu goberno non está desenvolvendo, impedindo que moitas das persoas que están sen traballar poidan ocuparse nestes sectores que demandan persoal con formación específica que non atopan”, lembroulle o voceiro de En Marea.

Villares referiuse á triple cartografía da precaridade laboral en Galicia trala chegada de Feijóo ao goberno da Xunta: a estacionalidade, a temporalidade e o incremento de persoas fixas discontinuas. “Vivimos unha situación dramática nun país que non para de perder poboación”, sinalou Villares, antes de lembrarlle que “o balance do seu tempo de goberno deixa 90 mil ocupados menos, a pesar de que a cifra de paradas cae en 7.000 persoas”.

“Hoxe o traballo temporal é do 26%, 79 mil persoas traballan a tempo parcial no noso país, 16.000 son fixas discontinuas, sumado ás miles de persoas que non poden nin traballar”, indicou o voceiro de En Marea. “Nese contexto os datos do último exercicio desvelan que o goberno galego non gastou 128 millóns de euros que tiña orzados para mellorar a calidade de vida dos galegos e galegas”. Para En Marea a falta de política industrial e duha aposta pola I+D+i están detrás de moitos destes datos de emprego precario.

Luís Villares tamén lle recriminou a Feijóo que durante os seus mandatos se perderan máis de 40 mil empregos industriais en Galicia. Os datos son elocuentes, señor Feijóo, xa que se imputa os éxitos debería imputarse tamén os fracasos das súas políticas de emprego”. Tamén a poboación activa entre os 16 e os 34 anos, “que é o presente e o futuro do país”, caeu en 210 mil persoas segundo os datos da EPA actualizados neste primeiro trimestre de 2019.

Comentar noticia

Your email address will not be published.