O vindeiro xoves 14 ás 21h no Teatro Principal ‘A canción do Elefante’ de Redrum Teatro, clausura o Ciclo Ponteatro

Ernesto Chao, Patricia Vázquez e Guillermo Carbajo son os protagonistas deste magnético thriller psicolóxico
Publicado por o día 12/12/2017 na sección de Eventos,Galicia,Pontevedra

O vindeiro xoves 14 ás 21h no Teatro Principal  ‘A canción do Elefante’ de Redrum Teatro, clausura o Ciclo Ponteatro

Esta obra dirixida por Álex Sampayo está inspirada na obra de Nicholas Billon. O grupo Redrum Teatro presenta esta obra, que conta cos intérpretes Ernesto Chao, Patricia Vázquez e Guillermo Carbajo. O autor orixinal da obra orixinal The Elefant song é Nicolas Billon e trátase dun thriller psicolóxico. A historia trata sobre un psiquiatra que desaparece un día da súa consulta. A última persoa que ve ao médico é un paciente seu que ten unha obsesión cos elefantes e outro doutor ocúpase do paciente coa intención de pescudar o paradoiro do seu compañeiro desaparecido.