Vinte axentes representarán a Vigo nos VII Xogos Europeos de Policías e Bombeiros, en Alxeciras

Publicado por o día 18/09/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Vinte axentes representarán a Vigo nos VII Xogos Europeos de Policías e Bombeiros, en Alxeciras

O alcalde entregou esta mañá o equipamento que vestirán en Alxeciras os vinte axentes que van a representar a Vigo no VII Xogos Europeos de Policías e Bombeiros. Entre o 21 e o 29 de setembro, estes efectivos da Policía Local, acompañados por axentes nacionais e da Garda Civil, competirán nas modalidades de fútbol 5, fútbol 7 e atletismo.