Vintecatro stands de formación profesional abren a II Feira de Ensinanzas Profesinais e Artísticas

Publicado por o día 04/02/2019 na sección de Galicia,Ponteareas

Vintecatro stands de formación profesional abren a II Feira de Ensinanzas Profesinais e Artísticas

O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, acompañado de concelleiros do goberno e portavoces da oposición, inauguraron a II Feira das Ensinanzas Profesionais e Artísticas que abríu hoxe as súass portas con 24 stands de centros de ensino de formación profesional que nestes dous días amosarán aos participantes unha mostra das súa aprendizaxe.

Represas destacou a importancia de ofrecer á comunidade educativa, en especial ao alumnado, toda a información posible para que tomen a decisión máis axeitada de cara ao seu futuro como profesionais e que atopen un reforzo de formación acorde a súa vocación.

“A nosa intención é que toda a nosa mocidade e a da contorna dispoña de información variada e útil sobre os diferentes ciclos de formación e así poder tomar as rendas do seu futuro do xeito máis efectivo”.

Ante o éxito da primeira edición, a concelleira de Ensino Cristina Fernández convidou a todos os centros educativos da área metropolitana a achegarse ata o pavillón municipal e percorrer os 24 stands nos que coñecer diferentes ramas e ciclos da formación profesional.

A Feira das Ensinanzas Profesionais e Artísticas naceu co obxectivo de amosar ao alumnado e ao resto da comunidade educativa as posibilidades profesionas e saídas laborais nas que se poden formar, tendo a ocasión de ver nos propios stands as aplicacións destes coñecementos adquiridos.

Con máis stands e máis visitas programadas, esta nova edición tamén ofrece novidades, tres creativos stands completan a oferta desta nova edición: a Escola de Arte Dramático de Vigo, o stand de banda deseñada do Garaxe Hermético que dirixe o debuxante Kiko da Silva e o da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Materiais (única en Galicia e a máis antiga de España).

Aberta tamén ao público en xeral, na segunda feira das Ensinanzas Profesionais e Artísticas ofrécense mostras en directo de xoiería, de talla a man de cantería, de coctelería, de cocción de pan, de música, de soldadura, de sanidade, de paisaxismo ou de estética, entre outros traballos para os que se prepara o alumnado de formación profesional.

Plasmar a utilidade dos coñecementos no desenvolvemento da vida diaria é un dos obxectivos da feira na que expoñen centros de secundaria, de formación profesional e ensinanzas especiais (concertados, privados e públicos) para informar á comunidade educativa de toda as posibilidades formativas.