Visibiliza o teu talento, Sube ao Palco

A Concellería de Xuventude convida á mocidade a presentar proxectos creativos para realizar no quiosco da Alameda
Publicado por o día 16/03/2018 na sección de Galicia,Pontevedra

Visibiliza o teu talento, Sube ao Palco

Dar visibilidade e canalizar o talento que hai na cidade e recuperar o uso dun espazo aparcado durante anos, o quiosco de música da Alameda. Con este dobre obxectivo nace o proxecto Sube ao Palco que hoxe presentou o concelleiro de Xuventude, Alberto Oubiña. Música, teatro, danza, artes plásticas, audiovisuais, poesía, perfomance, moda… terá cabida neste proxecto creativo pensado para a mocidade.

Os interesados en participar deberán ter entre 12 e 35 anos e presentar a súa proposta desde hoxe até o 13 de abril en www.pontevedra.gal/sube-ao-palco ou directamente a través do enlace na web municipal www.pontevedra.gal

Un xurado especializado elixirá, entre as propostas feitas, oito proxectos que se desenvolverán no Palco da Alameda, de xeito sucesivo, todos os xoves dos meses de maio e xuño (agás o do 17 de Maio).

Mais información:
Oficina Municipal de Xuventude. Casa da Luz, praza da Verdura s/n 1o andar. Telf. 986.840367
Email: subeaopalco@pontevedra.gal