Visita de la Agrupación Musical La Muela (Toledo)

Por o 19/08/2016 | Sección: Cultura,Eventos,Vigo
Visita de la Agrupación Musical La Muela (Toledo)

A Agrupación Musical La Muela, banda de música de Corral de Almaguer (Toledo), e a Unión Musical de Coruxo ofrecerán de balde un concerto conxunto o vindeiro sábado día 20 de agosto de 2016 ás 20:00h no paseo peonil d’O Calvario, co gallo do intercambio cultural que as dúas entidades están a realizar este ano.

O pasado mes de marzo, coincidindo coas Festas de Semana Santa, a Unión Musical de Coruxo actuou perante o público da localidade toledana e agora será a quenda de recibir aos músicos da Agrupación Musical de Almaguer na cidade olívica. Chegarán o venres 19 de agosto de 2016, e ata o martes 23 de agosto de 2016, aproveitarán para coñecer a cidade e a súa contorna así coma as Illas Cíes.