O Viso celebra un festival musical este sábado

Publicado por o día 05/10/2017 na sección de Cultura,Galicia,Vigo

O Viso celebra un festival musical este sábado

A Sociedade Cultural do Viso organiza o vindeiro sábado 7 de ouubro a partir das 17:00h no torreiro da Gándara, xunto o campo de fútbol da parroquia, un festival musical a par de xogos tradicionais para os asistentes. Outubro en Festa é o nome deste evento que se enmarca dentro das actuacións do convenio interparroquial da Concellería de Cultura. A actividade festiva é aberta a tódolos públicos. Contarase con xogos tradicionais durante toda a tarde e a velada estará amenizada por diversas formacións artísticas do Concello:

  • Pandereteiras Semente Nova
  • Grupo de Baile da Chan das Pipas
  • Gaiteiros da Chan das Pipas