O Viso vólcase entorno o 8º magosto furtivo

Publicado por o día 15/11/2017 na sección de Cultura,Galicia,Redondela

O Viso vólcase entorno o 8º magosto furtivo

O vindeiro sábado 18 de Novembro O Viso celebrará a octava edición do xa tradicional  Magosto [email protected] Este evento músico-tradicional organizado pola Sociedade Cultural do Viso, Tanto Nos Ten e o Colectivo Lúa Meiga, fará unha vez máis honra do magosto como evento festivo por excelencia do outono galego. Comezara este festival outonal cunha sesión vermú, xantar popular e foliada aberta a todos aqueles grupos que desexen participar. Xa pola tarde unha programación continuada, con xogos populares, obradoiros para cativas e cativos e moita boa musica tradicional e diversión da man do coro tradicional e gaiteiros “Tirapuxa”, “Polisóns da Teixeira”, concerto punk infantil de “Peter Punk e Brais das Hortas”, continuando xara a tarde-noite cos concertos dos grupos  “Os da Porfia” e “Os Carunchos”. Contarase coa tradicional mostra de elaboración de augardente e castañas para os asistentes.

Dende a organización convídase a toda a veciñanza a asistir e mesmo a colaborar deste evento diverso e atractivo para tódalas idades. Agradecer como non a axuda aportada dende os colaboradores oficiais: Deputación de Pontevedra, Concello de Redondela e A Tenda de Concha.