Visto e prace do Consorcio Casco Vello de Vigo á adquisición do número 9 de Subida ao Castelo por 100.000 euros

A edificación destaca pola súa situación preto do Concello e a súa localización nunha das zonas onde a actuación de rehabilitación do organismo é máis intensa
Publicado por o día 29/11/2019 na sección de Galicia,Vigo,Xunta de Galicia

Visto e prace do Consorcio Casco Vello de Vigo á adquisición do número 9 de Subida ao Castelo por 100.000 euros

O Comité Executivo do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), baixo a presidencia da delegada territorial da Xunta en Vigo, Corina Porro, vén de dar o visto e prace á adquisición do número 9 de Subida ao Castelo por 100.000 euros.

Trátase dun edificio construído fai cen anos que se asenta sobre un solar de 90 metros cadrados, concibido en dúas alturas pero do que só se conserva a fachada do primeiro andar. Debido o estado de ruína no que se atopaba, os anteriores propietarios do inmoble procederon ao seu baleirado interior.

A edificación destaca pola súa situación preto do Concello e a súa localización nunha das zonas onde a actuación de rehabilitación do organismo é máis intensa. Así, ao marxe das rehabilitacións próximas como as levadas a cabo no denominado Cuarteirón do Castelo de San Sebastián, en Subida ao Castelo o organismo levou a cabo promocións nos números 5-7 e 12 que permitiron crear unha ducia de vivendas.

Nestes intres, o Consorcio Casco Vello de Vigo, participado nun 90 por cento pola Xunta de Galicia e nun 10 por cento polo Concello, está a rehabilitar Elduayen 31, Abeleira Menéndez 16 e Praza do Berbés 41. Asemade, mantén outras propiedades en diferentes fases administrativas para a súa recuperación e abertas negociacións para novas adquisicións no seu ámbito de actuación e de acordo co contido do Plan de Actuación en vigor.

Resumen CCVV

Desde que en 2005 botouse a andar o Consorcio Casco Vello de Vigo, adquiríronse 78 inmobles situados dentro do seu ámbito de actuación (fixado polo PEPRI). Destes, 60 xa están totalmente rehabilitados, 12 foron transferidos a outros organismos (7 deles rehabilitados polo CCVV), 6 están en proceso de construción e en 7, a maior parte de recente adquisición, non se iniciaron os labores de rehabilitación. Estas actuacións suman 106 vivendas promovidas, das que 93 foron vendidas e o resto están en distinta fase de execución.

En canto aos locais comerciais, interveuse en 32 (6 están vendidos, 10 alugados e 16 baleiros). O investimento total desde a súa constitución supera os 45 millóns de euros.

Una respuesta para "Visto e prace do Consorcio Casco Vello de Vigo á adquisición do número 9 de Subida ao Castelo por 100.000 euros"

  1. Gamela   30/11/2019 at 7:54

    15 anos – 106 vivendas – 45 Millóns

    Se foran promotores privados tipo Barrio do Cura, Cordelerías MAR os números serían moi distintos! Mercamos por nada e vendemos a tope!

    Pero cando pagamos nós… regalamos 100.000 € por ruína e as vivendas saen a 425.000 €! ¿a canto se venderon?

    A lei de transparencia queda obsoleta pola lei de protección de datos !

    Pero a cuestión é por qué non se dá recuperado o Casco Vello Alto?

    A burocracia mata a vida…
    aínda que algúns se benefician de carallo! https://flic.kr/p/nb3FsP

    Responder

Comentar noticia

Your email address will not be published.