Vitrasa atopa a catro vigueses nacidos o 31 de xullo de 1968

Esta data coincide co día que arrancou o servizo de transporte urbano na cidade hai 50 anos

Vitrasa xa encontrou a 4 vigueses nacidos o 31 de xullo de 1968 no marco da campaña que a empresa puxo en marcha o pasado 5 de novembro que ten por obxectivo buscar aos vigueses que naceron o mesmo día que deu comezo comezo o servizo de transporte urbano na cidade.

Trátase dunha orixinal iniciativa que se enmarca no 50 Aniversario da empresa. Para fomentar a busca, colocáronse carteis ao máis estilo “BÚSCANSE” no interior dos buses e estase promocionando a iniciativa dende as redes sociais de Vitrasa.

A busca finalizará este venres 23 de novembro. As viguesas e vigueses localizados terán que poñerse en contacto telefónico no 986 44 15 70 ou deixando unha mensaxe no muro do perfil de Facebook (https://www.facebook.com/Vitrasa/) ou Twitter (https://twitter.com/VitrasaVigo) de Vitrasa aportando unha fotocopia do seu DNI na que se acredite a data e lugar de nacemento.

Os agraciados serán convocados a un acto no que realizarán unha viaxe especial a bordo do histórico “Cometa”.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM