Vitrasa busca oas vigueses e viguesas nacidos o 31 de xullo de 1968

Esta data coincide co día que arrancou o servizo de transporte urbano na cidade hai 50 anos
Publicado por o día 04/11/2018 na sección de Galicia,Vigo

Vitrasa busca oas vigueses e viguesas nacidos o 31 de xullo de 1968

Vitrasa busca ás viguesas e vigueses nacidos o 31 de xullo de 1968, data na que deu comezo o servizo de transporte urbano na cidade. Trátase dunha orixinal iniciativa que se enmarca no 50 Aniversario da empresa.

Para fomentar a busca, colocaranse carteis ao máis estilo “BÚSCANSE” no interior dos buses e promocionarase a iniciativa dende as redes sociais de Vitrasa.

As viguesas e vigueses localizados terán que poñerse en contacto telefónico no 986 44 15 70 ou deixando unha mensaxe no muro do perfil de Facebook (https://www.facebook.com/Vitrasa/) ou
Twitter (https://twitter.com/VitrasaVigo) de Vitrasa aportando unha fotocopia do seu DNI na que se acredite a data e lugar de nacemento. Os agraciados serán convocados a un acto no que se lles
obsequiará con 50 viaxes gratuítas e unha viaxe especial a bordo do histórico “Cometa”. A busca dará comezo o luns 5 de novembro e finalizará o día 23 do mesmo mes.

Obsequiarase tamén con 10 viaxes a aquelas persoas que axuden a localizar ao nacidos nesta data.

Qué pasou o 31 de xullo de 1968

O 31 de xullo de 1968 iniciouse o servizo de transporte urbano en Vigo. O día anterior tivera lugar a presentación de toda a frota no Náutico xerando gran expectación entre os veciños, un acto
multitudinario no que participaran diversas autoridades e que foi amenizado coa música da Banda Municipal e no que os buses foron bendicidos polo Obispo da Diócese. Ao día seguinte, primeiro día do servizo, as viaxes foron gratuítas para todos os usuarios.

Había un total de 35 autobuses e as liñas que deron comezo foron:

» Liña 1: Ponte Cabral-Estación Coruxo
» Liña 2: Cabral – Alameda de Bouzas
» Liña 3: Seijo – Balaídos
» Liña 4: Aragón – Traviesas
» Servizo especial Praia de Samil: Calvario – Samil

Comentar noticia

Your email address will not be published.