Vitrasa pon en marcha unha nova liña ao centro de maiores de Santa Marta

Publicado por o día 09/12/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Vitrasa pon en marcha unha nova liña ao centro de maiores de Santa Marta

Dende este luns 9 de decembro, o Centro de Maiores de Santa Marta en Alcabre contará cunha liña de autobús para chegar dende o centro da cidade ata as súas instalacións dando resposta así ás peticións dos usuarios desta residencia de persoas maiores. O percorrido da nova liña 20 será o que segue a continuación: Praza América, Avd. Castelao, Tomás Paredes, Avd. Atlántida, Camiño Viña Grande, Camiño Sobreira e Camiño Freixeiro. Volta cara a Avd. Europa, Castelao e Praza América.

Os horarios serán en día laborable:

• Saídas de Santa Marta: 10:15 – 16:45 e 19:40. (Inician en Avd. Atlántida)

• Saídas de P. América: 12:25 – 16:30 e 19:25.

O Alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado por Javier Pardo, concelleiro de Fomento e Servizos; Elena Espinosa, concelleira de Empresa, Economía, Seguridade e Organización Municipal; Yolanda Aguiar, concelleira de Política de Benestar Social, Patricia Rodríguez, concelleira de Contratación, Patrimonio e Xestión Municipal, responsables da residencia e de Vitrasa, inaugurou está mañá o servizo facendo unha viaxe na nova liña con usuarios da residencia.

Comentar noticia

Your email address will not be published.