Vitrasa premia aos gañadores do Concurso Anual de Postais de Nadal

Publicado por o día 22/12/2015 na sección de Vigo

Vitrasa premia aos gañadores do Concurso Anual de Postais de Nadal

O mércores 23 de decembro, a empresa concesionaria do transporte público da cidade de Vigo, VITRASA, fará entrega dos premios aos gañadores do concurso de Postais de Nadal que a compañía organiza cada ano entre os colexios da cidade.

Por décimo ano consecutivo, VITRASA invitou a todos os centros de educación primaria de Vigo a participar no concurso de postais de Nadal, no que finalmente se recibiron preto de 400 debuxos.

Entre todos os debuxos enviados, seleccionáronse un total de catro para ilustrar as postais que a empresa empregou este ano para felicitar as festas. Como novidade este ano, tres autobuses da flota irán vinilados no seu interior coas postais gañadoras.

A entrega de premios comezará ás 11:00 horas coa visita a un dos autobuses vinilados que estará estacionado na entrada principal do Centro Comercial na que participarán os premiados acompañados polo Alcalde Vigo, Abel Caballero, a concelleira de Transportes e Proxectos Estatais Europeos, Ángeles Marra e o Director Xeral de Vitrasa, Juan Carlos Villarino. A continuación na sala de cine xunto con todos os compañeiros dos gañadores terá lugar a entrega de premios.

Trala entrega, VITRASA invitará ós rapaces dos colexios participantes á proxección da película “Star Wars: El despertar de la fuerza” no Centro Comercial Gran Vía. Ao acto asistirán preto de 100 nenos dos centros escolares así como os fillos dos traballadores de Vitrasa. Os gañadores deste ano foron:

• Primeiro premio: Laura Fernández López. Colexio Mariano

• Segundo premio: Lucía Prieto García. Colexio Mariano

• Terceiro premio: Paloma Vázquez Verde. Colexio María Inmaculada

• Accésit: Estela Sánchez Troncoso. Colexio Mercantil

PRENSA TORRES Y CARRERA