Vitrasa premiou aos gañadores do Concurso Anual de Postais de Nadal

Por o 23/12/2015 | Sección: Vigo
Vitrasa premiou aos gañadores do Concurso Anual de Postais de Nadal

O acto, ao que asistiron preto de 100 nenos, tivo lugar hoxe nos cines do CC Gran Vía

Os gañadores e os seus compañeiros de clase disfrutaron da película “Star Wars: El despertar de la fuerza”

 Laura Fernández López, do colexio Mariano, foi a gañadora do concurso de Postais de Nadal que un ano máis organizou VITRASA, a empresa concesionaria do transporte público da cidade de Vigo.

Por décimo ano consecutivo, VITRASA invitou a todos os centros de educación primaria de Vigo a participar no concurso de postais de Nadal, no que finalmente se recibiron preto de 400 debuxos.

Entre todos os debuxos enviados, seleccionáronse un total de catro para ilustrar as postais que a empresa empregou este ano para felicitar as festas. Ademais, como novidade este ano, tres autobuses da flota irán vinilados no seu interior coas postais gañadoras.

Con motivo da entrega de premios no que se desvelaron os debuxos gañadores, VITRASA invitou ós rapaces dos colexios participantes á proxección da película “Star Wars: El despertar de la fuerza” no Centro Comercial Gran Vía, a partir das 11:00 horas.

Ao acto asistiron preto de 100 nenos dos centros escolares así como os fillos dos traballadores de Vitrasa. Antes de dar comezo a película, Juan Carlos Villarino, Director Xeral de VITRASA, fixo entrega dos premios aos gañadores que nesta ocasión foron para:

• Primeiro premio: Laura Fernández López. Colexio Mariano

• Segundo premio: Lucía Prieto García. Colexio Mariano

• Terceiro premio: Paloma Vázquez Verde. Colexio María Inmaculada

• Accésit: Estela Sánchez Troncoso. Colexio Mercantil

O acto contou coa presenza do Alcalde Vigo, Abel Caballero, a concelleira de Transportes e Proxectos Estatais Europeos, Ángeles Marra e a concelleira de Educación, Olga Alonso.

PRENSA TORRES Y COMUNICACIÓN