Vitrasa reforzará o servizo co obxectivo de facilitar os desprazamentos para o cribado que ten lugar no IFEVI

A liña 9A reforzarase con buses adicionais e unha maior frecuencia

Vitrasa, en colaboración co Concello de Vigo, reforzará o servizo para facilitar os desprazamentos dos vigueses e viguesas chamados ao cribado con test de antíxenos que terá lugar durante os vindeiros días no Instituto Feiral de Vigo (IFEVI). Neste sentido, dende este venres pola tarde, mañá sábado e durante o luns, martes e mércores da semana que ven, reforzarase o servizo da liña L9A, que é a que chega ata o IFEVI, con buses articulados e unha maior frecuencia. Como ven facendo no resto de liñas, Vitrasa tamén realizará un control en tempo real da ocupación para adaptar o servizo ás necesidades de mobilidade durante os días do cribado.

A empresa concesionaria do transporte público de Vitrasa activou, dende o inicio da crise sanitaria, un rigoroso protocolo con diferentes medidas co obxectivo de garantir a seguridade de usuarios e condutores a bordo. Entre as medidas postas en marcha pola empresa destacan a instalación de dispensadores con xel hidroalcohólico en todos os vehículos, a limpeza e desinfección exhaustiva dos autobuses a diario, a colocación de mamparas no posto do condutor, a ventilación coas fiestras permanentemente abertas, a apertura de todas as portas durante os recesos, o control de aforos a través das cámaras instaladas a bordo, etc. Os protocolos de Vitrasa están avalados por AENOR, quen lles outorgou o certificado de boas prácticas contra a COVID-19.

Vitrasa lembra aos usuarios e usuarias que é obrigatorio o uso de máscara no interior dos vehículos, recoméndase o pago con tarxeta PassVigo e, no caso de levar efectivo, é preferible aportar o importe exacto do traxecto. Outras das recomendacións é evitar as conversas durante a viaxe (incluso por teléfono móbil) e acceder de forma ordenada ao bus. Ademais, non está permitido comer nin beber nos autobuses

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM