Viveiro únese á cada vez máis longa lista de municipios galegos que quedan practicamente sen Policía Nacional

Ningún Policía en Prácticas reforzará o persoal de Viveiro este verán.
Por o 05/06/2019 | Sección: Sindicatos,UFP
Viveiro únese á cada vez máis longa lista de municipios galegos que quedan practicamente sen Policía Nacional

Desde a Secretaría Rexional da UFP trasladamos o abandono e a preocupación do que levamos moito tempo denunciando, e agora xa son patentes e reais os resultados do abandono e desinterese por parte dos responsables Policiais e Políticos cara aos persoais Policiais de Galicia, avisámolo con Vilagarcía e nada, o mesmo pasou con Marín, Ribeira e Monforte de Lemos , hai uns días manifestabámonos na rúa xunto cos veciños de Redondela e agora tocoulle a quenda a Viveiro, que xa estaba mal e que se esperaba a táboa de salvación dos alumnos en Prácticas para polo menos manter os servizos xa en mínimos, pero tampouco, preguntámonos ata cando se vai a permitir esta situación, teremos que esperar a que cheguen as desgrazas para solucionalo?.

O dano que pode xerar neste caso a falta de Policías para o puxante turismo de Viveiro pode ser moi grande, pero isto parece non importarlle o máis mínimo aos responsables políticos do Ministerio do Interior e do Goberno

de España e mentres nos seguimos preguntando ata cando?

Desde a UFP preocúpanos a seguridade dos policías, pero tamén a dos cidadáns

Comentar noticia

Your email address will not be published.