A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda adxudicou esta mañá máis de 68.000 metros cadrados de solo empresarial bonificado nun total de sete parques propiedade da empresa pública Xestur.
Concretamente, a adxudicación acordada hoxe pola comisión executiva de Xestur refírese a 13 parcelas que suman un total de 68.103,02 metros cadrados e están localizadas nos parques de A Sionlla (no Concello de Santiago de Compostela), Bértoa (Carballo), Viveiro, As Gándaras (Lugo), Barreiros, Pereiro de Aguiar e A Veigadaña (Mos).
O importe de adxudicación final destes 13 terreos achégase aos cinco millóns de euros, unha vez aplicadas xa as bonificacións correspondentes e que se elevan en total a máis de 3,2 millóns.
Cómpre lembrar que desde 2015, ano no que se comezaron a aplicar este tipo de bonificacións sobre o prezo de adxudicación inicial das parcelas, a Xunta adxudicou xa 1,32 millóns de metros cadrados de solo empresarial en parques propiedade tanto do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) como de Xestur, con bonificacións realizadas que superan en total os 43,1 millóns de euros.
SOLO ADXUDICADO HOXE POR XESTUR
PARQUE EMPRESARIAL |
Nº PARCELAS
|
SUPERFICIE m2
|
IMPORTE DE ADXUDICACIÓN € |
BONIFICACIÓN € |
Sionlla (Santiago) |
1
|
3.601,00
|
471.370,90
|
202.016,10
|
Carballo
|
1
|
1.608,00
|
62.788,48
|
62.788,48
|
Viveiro
|
2
|
2.903,00
|
108.892,13
|
108.892,13
|
As Gándaras (Lugo) |
3
|
30.491
|
1.448.322,50
|
1.448.322,50
|
Barreiros
|
1
|
1.398
|
36.800
|
34.498
|
Pereiro de Aguiar |
1
|
2.058,02
|
82.320,80
|
82.320,80
|
Mos
|
4
|
26044
|
2.789.312,4
|
1.267.437,6
|
TOTAL
|
13
|
68.103,02
|
4.999.807,21
|
3.206.275,61
|
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.