Vivenda adxudica as obras de eficiencia enerxética do edificio número 15-17 da rúa Menéndez Pelayo en Vigo

Os traballos que levará a cabo o Instituto Galego de Vivenda e Solo beneficiarán a 34 vivendas de promoción pública
Publicado por o día 23/03/2019 na sección de Galicia,Vigo

Vivenda adxudica as obras de eficiencia enerxética do edificio número 15-17 da rúa Menéndez Pelayo en Vigo

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo, adxudicou a obra de rehabilitación en materia de eficiencia enerxética do inmoble de vivendas de promoción pública emprazado na rúa Menéndez Pelayo 15-17, en Vigo.

A obra, que beneficiara a un total de 34 vivendas de promoción pública, consistirá no illamento do inmoble por medio dunha fachada SATE, que permite o illamento polo exterior do edificio sen afectar ao interior das vivendas. O obxectivo desta obra é reducir a demanda enerxética do inmoble polo menos nun 20 por cento.

A obra foi adxudicada á empresa Proyecon Galicia, S.L. por un importe de 422.150,85 euros e está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020

Comentar noticia

Your email address will not be published.