Vivenda pública si. Pero onde?

Publicado por o 27/01/2017
Vivenda pública si. Pero onde?

Por A.Telmo

Ao redor de 1.000 millóns de persoas residen en barrios marxinais e vivendas inadecuadas, unha cifra que aumenta pola crecente urbanización, o incremento demográfico e polos movementos migratorios.

Con frecuencia carecen de servizos básicos como os de abastecemento de auga, saneamento, subministración de electricidade e iluminación pública. A miúdo, a delincuencia é endémica, e as mulleres e as nenas son as máis expostas a ese risco. O desemprego, o subempleo e o custo do transporte a lugares distantes de traballo agravan as dificultades.

As desigualdades no espazo urbano 

Dise que “se hai algun elemento ou factor de entre todos os que compoñen a Situacion Social do Benestar que sintetice e de modo claro indi­que (sirva de indicador socioloxico) sobre cual é o nivel de Bens­tar Social ou de Malestar dunha familia, ese é, sen dúbida, o da vi­venda que habita, ou o das súas condicións de aloxamento”.

A infravivenda, o chabolismo son os casos mais extremos dun Urbanismo insolidario. Pero que este tambien reflíctese que gran parte das “chamadas casas baratas“ sitúanse nos barrios marxinais ou periféricos das cidades con equipamentos basicos peores.

«A politica de vivenda debería ser un potente instrumento reductor de desigualdades»

Lamentablemente, da politica de vivendas na España actual non se pode dicir tal cousa. Nin PP nin PSOE tiveron o suficente coraxe nin valentía na construcion de VPO, non se combateu o chamado “efecto ghetto”.

A residencia nestes barrios, é estigmatizante. Vivir nestas zonas asóciase a escaseza de ingresos, a desviación moral, e iso ten connotacións en todos os ámbitos da existencia e na vida das persoas.

«“Recibes peor atencion da Admistracion e eres mal visto”»

Infravivenda, precariedade, delincuencia, economía informal-ilegal, confinamento, estigmatización, desorganización, violencia. Todos estes termos remiten á sensación de degradación. A pesar de todo o dito, a cidade segue sendo o espazo para as oportunidades e a liberdade da cidadanía  e as súas ideas e potencialidades.

É posible facer outra cidade é necesário unhas novas leis da Vivenda. Unha leyPAH onde se impulse o potencial emancipador que a cidade ten. O acceso á cultura, á mestizaxe, ás novas creacións. Todo é posible con unha optica que poña a vivenda e a cidade ao servizo da persoas. 

Parque Social da Vivenda si, pero…

A vivenda debe ser un factor de inclusión social, non de exclusión. Os alugueres sociais que teñen que ofrecer as entidades financeiras deben ser preferentemente a vivenda afectada polo procedemento ou, alternadamente, unha vivenda situada dentro do mesmo termo municipal; é dicir, a entidade financeira, nin as Administracións locais ou Autonómicas NON poderán ofrecer unha vivenda sen saída comercial nun barrio degradado.

Non imos consentir que a BANCA dedique sóbralas para marxinar a familias ou grupos sociais en barrios á aforas ou en municipios lonxe da súa residencia habitual.  É dicir ancorar a vivenda social aos barrios máis degradados o que é unha oportunidade evidente para as entidades financeiras para liberarse do stock inmobiliario con menos saída comercial á conta da segregación urbana.

A aprobación da lei Valenciana é un paso moi importante.

 

Noticias de última hora en Vigo

Una respuesta para "Vivenda pública si. Pero onde?"

  1. Gamela   16/02/2017 at 0:44

    a primeira vez que denunciamos a venda dos 40 pisos na rúa República Arxentina o primeiro comentario recibido foi se estábamos tolos, ofrecerlle alugueiros soicias no centro de Vigo, na rúa máis cara da cidade aos que non teñen outro teito onde acollerse…

    e fíxome pensar xustamente nese proceso de xentrificación que alonxa aos desherdados aos arrabaldos das cidades precisamente porque os centros urbanos son espacios caros e polo tanto reservados ás clases máis poderosas económicamente…

    Pero cando volvo a vista atrás lembro as humildes casiñas que existían na rúa Pontevedra antes de que a prolongación de Marqués de Valladares abrira o barrio máis caro de Vigo (Rosalía Castro)

    Non sería fantástico ter 11 pisos de aluger social no CORAZÓN de Vigo ?

    Non sería bo dicirlles aos que pensan que especular coa vivenda e o solo urbán é dereito deles que esta cidade é de todos e de todas… que temos 11 pisos públicos que podemos destinar a cubrir as necesidade máis urxentes da cidadanía de Vigo ?

    No sería un exemplo de xustiza social ofrecer a posibilidade de vivir con tódolos servizos arredor da vivenda, con centros culturais e escolares aos que pasan os peores momentos desta crise precisamente ocasionada polos ESPECULADORES do ladrillo ?

    Soñar é un dereito… e algún día os soños faránse realidade!

    https://flic.kr/p/usvFpZ

    Polo dereito a DECIDIR sobre o noso PATRIMONIO !

    Responder

Comentar noticia

Your email address will not be published.

ANUNCIOS DESTACADOS EN VIGO

crear anuncio

Amura Restaurante

http://www.amuravigo.es

Gran variedad de pescados, carnes, mariscos y pastas en Carral 32

Servicios web

http://www.donwebmaster.com

Dominios, hosting, diseño web, redacción, .. al mejor precio

ARI

http://editorialcirculorojo.com

El libro de Luis Soler con una historia que te sorprenderá