Vixilantes dos museos de Vigo reclaman o pago das débedas cunha protesta diante do Concello

A empresa concesionaria non lles ingresou a paga extra de Nadal nin parte da nómina de xaneiro

Vixilantes de seguridade dos museos municipais de Vigo concentráronse hoxe diante do Concello por espazo de hora e media para reclamar o pago das débedas pendentes, xa que a empresa concesionaria do servizo non lles ingresou a paga extra de Nadal nin parte da nómina de xaneiro.

O responsábel de Organización da CIG-Servizos, Pedro Pérez, explica que mantiveron un encontro co concelleiro de Cultura, Abel Losada, que lles comunicou que a empresa Seguridade Integral e Mantementos A-1 (do Grupo EME), que se encarga do servizo mediante unha UTE con Sistemas de Seguridade A-1, solicitoulles ceder o seu servizo á compañía DN24 2000, polo que se conformaría unha nova UTE, integrada por Sistemas de Seguridade A-1 e DN24 2000.

Dende a CIG deixáronlle moi claro ao responsábel municipal que antes da cesión do servizo a UTE actual ten que facerse cargo das débedas contraídas cos traballadores/as, “xa que no caso contrario continuaremos coas mobilizacións, sen descartar unha convocatoria de folga”.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM