Voces polo litoral de Teis organizan unha xornada de limpeza na praia da Lagoa

Publicado por o día 28/05/2019 na sección de Eventos,Galicia,Vigo

Voces polo litoral de Teis organizan unha xornada de limpeza na praia da Lagoa

Co motivo da celebración do día mundial do medio ambiente (5 de xuño) e o día mundial dos océanos (8 de xuño), organizamos unha nova limpeza de praias en Teis, como xa levan facendo nos últimos anos.

Este ano a limpeza será o domingo día 2 de xuño na praia da Lagoa, ás 10 da mañá.

Desde o colectivo manifestan que quedades convidados a participar.

IMPORTANTE!

Para a limpeza tedes que levar luvas. calzado e roupa cómodos e se fai sol, unha gorra e protección solar Almorzade ben porque tentaremos limpar a praia da Lagoa a da Fábrica e a da Manquiña.
Teis ten praias!