Voces polo litoral de Teis recolleu 151,30 kg. de lixo

Todos os días son 5 de xuño
Publicado por o día 05/06/2019 na sección de Galicia,Medio Ambiente,Social,Vigo

Voces polo litoral de Teis recolleu 151,30 kg. de lixo

Para celebrar o día mundial do Medio Ambiente, 5 de xuño e o dos Océanos, 8 de xuño, o pasado domingo Voces polo litoral de Teis limparón as praias da Lagoa, A Fábrica e a Manquiña, no litoral de Teis.

En total recolleron 151,30 kg. de lixo: 38,30 de plástico, 11,50 de vidro, 20,50 de cordas, 31,50 de ferro, 5 de madeiras, 16 de formigón-metal, 12,5 de pedras de cemento e 16 kg. varios e 479 cabichas.

Remataron a xornada cun percorrido polos sendeiros do bordo litoral entre a praia da Lagoa e a praia da Punta,disfrutando da flora e da fauna do lugar tendo como guía ao biólogo da asociación, Pablo González Porto.