Voces polo litoral de Teis veñen a denunciar a talla de árbores na ETEA

Catro árbores menos na ETEA
Por o 28/01/2019 | Sección: Eventos
Voces polo litoral de Teis veñen a denunciar a talla de árbores na ETEA

Neste outono iniciáronse uns traballos de limpeza no cantil da ETEA, no espazo de usos recreativos. Desde Voces polo litoral de Teis descoñocen que administración esta implicada na limpeza nos terreos da ETEA.

Desde a asociación vense a preguntar cal é a razón da talla dos prunus (Prunus cerasifera) que crecían entre os bancos situados ao carón da pista de patinaxe, xa que nada ten que ver a limpeza do cantil co acto sen sentido da eliminación destes exemplares.

As árbores son imprescindibles para a vida e estes exemplares facían o que tiñan que facer, aportar oxíxeno, dar sombra, darlle acubillo aos paxáros, embelecer a paisaxe…. Voces polo litoral de Teis mostranse tristes polo arboricidio acometido, catro árbores menos que non facian mal a ninguén.

Desde a asociación pediran explicacións a este árboricidio nos terreos da ETEA.

Nas fotos pódense apreciar estas fermosas árbores en distintas datas, así como os tocóns trala súa tala.

Foto Voces polo litoral de Teis
Foto Voces polo litoral de Teis
Foto Voces polo litoral de Teis
Foto Voces polo litoral de Teis
Foto Voces polo litoral de Teis

Comentar noticia

Your email address will not be published.