Voluntariado de ADEGA participará na eliminación de invasoras na Praia do Rostro (Fisterra)

ADEGA organiza unha nova actividade de voluntariado ambiental para eliminación de invasoras este sábado 7 de Abril. A xornada realizarase nun lugar de importante valor ecolóxico como é a Praia do Rostro (Fisterra) que forman parte do LIC da Costa da Morte. Esta actividade enmarcase dentro do convenio que ADEGA asinou coa Dirección Xeral de Patrimonio Natural para desenvolver un “Programa de Educación, Divulgación e Voluntariado Ambiental para a Conservación de Especies e Hábitats”.

A actividade estará centrada na eliminación de especies invasoras.  A introdución de especies exóticas invasoras é, despois da destrución de hábitats, a ameaza máis importante na perda de biodiversidade e unha das principais causas de extinción de especies autóctonas. ADEGA leva anos traballando nesta temática. É por iso que, unha vez máis, organiza esta xornada dando á cidadanía a oportunidade de actuar con iniciativas e de concienciarse da problemática vixente que atane o noso entorno.

Para esta actividade o voluntariado contará cun seguro de responsabilidade civil e de accidentes. A xornada comezará o sábado pola mañá. Tras a recepción do voluntariado no Restaurante Lestón (Sardiñeiro), lugar onde se realizará unha pequena introdución sobre a problemática ambiental que están a causar as especies invasoras, centrándose na Yuca (Yucca gloriosa), especie moi estendida nesta zona. Posteriormente comezarase co traballo de eliminación da mesma. Todas as persoas que participen no voluntariado contarán cun seguro e proporcionaráselle as ferramentas adecuadas para a labor de eliminación. Haberá un descanso para o xantar (gratuíto para o voluntariado) ao rematar o xantar comezará o roteiro polas Microrreservas de Flora de Fisterra na que observaranse as diferencias especies de flora e fauna. Unha gran oportunidade para o voluntariado de axudar a preservar o hábitat das diferentes especies que alí habitan e desfrutar dunha preciosa contorna.

Máis información: www.adega.gal

Mail: viqui@adega.gal

Tel. 981570099 / 650261283 (Viqui)

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM