Voluntariado medioambiental do Concello traballará na limpeza de montes, na caneira e nos hortos urbanos

O Concello de Vigo puxo en marcha un novo proxecto de voluntariado medioambiental destinado a colaborar na limpeza de montes, no acompañamento de cans e adecuación dos hortos urbanos. O programa comezou este luns e estenderase ata o 30 de setembro.
Publicado por o día 22/06/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Voluntariado medioambiental do Concello traballará na limpeza de montes, na caneira e nos hortos urbanos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este luns de que o Concello de Vigo puxo en marcha este luns o proxecto de accións de Voluntariado Mediambiental con tres accións diferenciadas.

Segundo explicou o rexedor en rolda de prensa, este mesmo luns comeza o plan de Medio Ambiente que chegará ata o 30 de xullo e que durante os martes, mércores, xoves ou sábados estará adicado á iniciativas de limpeza de montes e mantemento de Sendeiros Azuis da cidade coa participación de ata 25 persoas.

Tamén este luns comeza o programa de acompañamento de cans, que durará ata o 30 de setembro e que todos os mércores pola mañá terá como obxectivo a actividade de voluntariado de ata 15 persoas en colaboración coa Caneira Municipal.

Por último, a partir do 6 de agosto e ata o 30 de setembro, todos os martes, mércores, xoves (de 16:30 a 19:30 horas) e sábados (de 10:00 a 13:00) o voluntariado medioambiental traballará nas hortas urbanas da Concellería de Medio Ambiente. Serán entre 100 e 125 persoas as que realizarán labores de posta en marcha de semilleiros e compostaxe nas hortas de Navia, Pedro Alvarado, Fontáns, Sardomela, Ramón Nieto e Camelias.

Comentar noticia

Your email address will not be published.