Voluntariado temporal Concello de Redondela por motivo do Covid-19

Publicado por o día 20/03/2020 na sección de Galicia,Redondela

Voluntariado temporal Concello de Redondela por motivo do Covid-19

O colectivo veciñal a favor da “comisaría de distrito para Redondela” crean un grupo de voluntariado e apoio ás forzas de seguridade, enfocado a realizar diversas tarefas coa finalidade de axudar aos grupos máis vulnerables e de maior risco como as persoas maiores entre outros colectivos.

Por, e para isto, fan un chamamento a tódalas persoas que queiran colaborar, poñendo así a disposición o número de teléfono “643.310.461” e un correo electrónico “[email protected]” ou ben a través do Messenger da súa páxina de Facebook onde debe de constar nome, apelidos, teléfono de contacto, experiencia e horario dispoñible.

O portavoz deste colectivo, agradece de antemán a axuda prestada.

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.