Volve o certame ‘Humor na súa tinta’ a cargo de Oswaldo Digón

O cómico actuará este domingo no Auditorio Multiusos da Xunqueira, en Redondela
Por o 06/02/2019 | Sección: Galicia,Redondela
Volve o certame ‘Humor na súa tinta’ a cargo de Oswaldo Digón

O vindeiro domingo día 10 de febrero volve o certame ‘Humor na súa tinta’ na súa segunda edición na vila de Reondela. Actuará o televisivo Oswaldo Digón para todos o redondeláns no Auditorio da Xunqueira.

O evento será a partir das 20:00 horas no auditorio municipal, e organizado pola Concellería de Cultura, onde poderemos gozar do humor tan persoal deste galego que leva varios anos traballando en distintos medios, e que xa acadou importante recoñecemento a nivel nacional.

O cómico dos Ancares, Oswaldo Digón, conta cunha amplia traxectoria ás súas costas como actor, presentador, monologuista e guionista. Nos últimos anos, destaca o seu paso polos escearios de distintas cidades españolas en espectáculos tan coñecidos como “Las noches de monólogos 10” ou “Las noches de El Club de la comedia”.

As entradas están á venda no multiusos da Xunqueira a un prezo único de 7 euros.

redonde

Comentar noticia

Your email address will not be published.