Volve o cinemAteneo co filme “Ao outro lado”

Publicado por o día 14/01/2020 na sección de Cultura,Galicia,Vigo

Volve o cinemAteneo co filme “Ao outro lado”
Este mércores, no CinemAteneo do Ateneo Atlántico, traemos aos multicines Norte a visión do perdón e das difíciles relacións entre culturas e xeracións que nos propón Fatih Akin, na súa película de 2007, “Ao outro lado“. O que está enfrente, o outro lado do que nos fala o título, refírese tanto ás persoas coas que entablamos relación, como ás xeracións e a súa distinta forma de ver o mundo, como á oposición de culturas e sensibilidades que se dan nas segundas xeracións de emigrantes. Premio ao mellor guión do Festival de Cannes, o filme Fatih Akin, plantexa a importancia do perdón e da redención neses diálogos múltiples.
As entradas ao filme mercaranse na propia taquilla dos cines.
Ficha Técnica:
Título: Ao outro lado ( Auf der anderen Seite)
Ano: 2007
País: Alemania
Duración: 122 min
Dirección: Fatih Akin
Guión: Fatih Akin
Intérpretes: Tuncel Kurtiz, Nursel Köse, Patrycia Ziolkowska, Hanna Schygulla, Nurgül Yesilcay, Baki Davra.
Sinopse: Una serie de encontros, relacións e mesmo mortes poñen en contacto as fráxiles vidas de seis persoas que unicamente buscan o perdón e a reconciliación. Nejat (Baki Davrak) non aproba a relación que seu pai (Tuncel Kurtiz), pensionista, mantén coa prostituta Yeter (Nursel Köse). Sen embargo cambia de opinión cando sabe que a muller manda cartos a Turquía para pagar os estudos universitarios da súa filla.