Volve a Popular Baixada de Carros de Bolas de Camos

Máis de medio cento de carrilanas neumáticas, de rodamentos e triciclos participan nesta proba puntuable no Campeonato Galego e organizada entre Concello de Nigrán, Eixo Tolo e Asociación Cultural A Camoesa.
Por o 14/08/2017 | Sección: Eventos,Galicia,Nigrán
Volve a Popular Baixada de Carros de Bolas de Camos

Concello de Nigrán, Asociación Eixo Tolo e o Centro Cultural A Camoesa recuperan este martes o percorrido orixinal da popular baixada de carros de bolas na parroquia de Camos, evento que non se celebra dende hai máis dunha década na rúa San Roque, onde naceu esta espectacular proba. Máis de medio cento de vehículos (entre carrilanas neumáticas, de rodamentos e triciclos) participarán na competición, que será puntuable no Campeonato Galego e que se desenvolverá durante toda a mañá (dende ás 10.00 ás 15.00 horas, quedando pechada a rúa a tráfico e peóns dende as 9.00 horas).

Así, nesta novena edición o percorrido deixa o barrio de Piñeiros e A Levada para regresar ao trazado orixinal (a saída é dende o Torreiro de Festas e a chegada antes do Pazo da Touza) por reunir mellores condicións de seguridade (adaptáronse os badéns existentes). Cunha lonxitude de 1km e un desnivel do 60%, promete imaxes espectaculares ao superar os vehículos os 70 km/h e contar con grandes curvas. Neste escenario realizaranse tres mangas (unha de entrenamento e dúas puntuables) nas modalidades individual e colectiva de carrilanas de rodamento, neumáticas e triciclos, formando parte algunhas delas do campeonato Galego e outras fora de competición, so como exhibición (nestas permiarase a orixinalidade do deseño).

Esta proba de carrilanas en Camos foi recuperada por Gerardo Ferreira, veciño participante dende a súa orixe e impulsor, hai dous anos tras máis dunha década sen celebrarse.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.